As obras do saneamento integral da ría obrigan a cortar un tramo da FE-11 na zona da Gándara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A execución das obras de saneamento no termo municipal de Narón obrigará a cortar, a partir de mañá martes, un novo tramo dun vial para poder avanzar no proxecto. Nesta ocasión realizaranse cambios na circulación rodada no tramo do vial da FE-11 localizado dende a altura da Ponte das Cabras ata a rotonda de Alcampo, en dirección Xuvia-Ferrol, que permanecerá cortado ao tráfico, habilitándose un desvío provisional desde a FE-11 ata a Ponte das Cabras para que os vehículos poidan dirixirse á estrada de Castela. No sentido contrario de circulación, Ferrol-Xuvia, inhabilitarase tamén un dos carrís da FE-11 –o esquerdo, de acceso á Ponte das Cabras-, entre a glorieta de Alcampo e a mencionada ponte debido ás obras.

Esta nova restricción no tráfico rodado estará operativa ata finais deste ano, según apuntaron fontes da empresa que executa os traballos do saneamento integral da ría nesa zona da localidade.

Estas variacións temporais súmanse ás que están en vigor desde esta mesma mañá nun tramo da rúa Illas Sisargas, xunto ás Vivendas da Marina, que permanecerá pechado dous meses, e outro da rúa Luís Seoane, entre a estrada de Castelao e a avenida Vicente Risco, que terá unha duración de sete semanas. 

14 de setembro de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.