As festas do San Froilán serán escaparate da artesanía e da tradición luguesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer este venres novas actividades programadas para o San Froilán 2015, que terá lugar do 3 ao 12 de outubro. Trátatase do San Froilán Tecedeiro, un encontro aberto organizado pola asociación Corazóns Artesáns, no que se pretende orientar aos participantes nas técnicas artesanais. 

Carmen Basadre subliñou que o San Froilán Tecedeiro, “é unha oportunidade única para dar conta da artesanía e da tradición luguesa e difundila ao exterior”. 

San Froilán Teceiro celebrararse o sábado e domingo, 10 e 11 de outubro no Parque de Rosalía de Castro, de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas. En caso de choiva este certame artesándesprazarase á carpa da Praza da Soidade.

Feira de antigüidades e coleccionismo

A Rúa da Raíña acollerá por segundo ano consecutivo durante o San Froilán a feira de antigüidades e coleccionismo os días 4, 5, 11 e 12 de outubro. Os mellores artigos poranse á venda nesta cita dende as 11:00 ás 20:00 horas. 

XVI Mercado Medieval

O día 12 de outubro, Lugo volverá ao medievo co XVI Mercado Medieval. Na praza de Pío XII e no contorno da Catedral daranse cita un grupo de artesáns que farán demostracións en vivo e en directo durante toda a xornada. O programa do mercado tamén inclúe cantares de cego, exhibición de cetrería, desfiles e xogos de destreza, entre outros. Este ano, dado a declaración do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade, o mercado medieval contempla unha peregrinaxe polo Camiño Primitivo e actuacións de romanceiros no camiño ao seu paso polo  Concello. O mercado arrancará ás 11:00 horas coa lectura dun pergamino que traerá unha aguía de harrís e  terá lugar ata as 22:00 horas, tras realizarse o embruxo dunha queimada popular. 

18 de setembro de 2015 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.