“As compras na túa vila teñen premio” dinamiza o comercio ourensán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Sol Vázquez na presentación da campaña en Ourense

Sol Vázquez na presentación da campaña en Ourense

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, participou esta mañá en Ourense na presentación da iniciativa de dinamización comercial As compras na túa vila teñen premio, unha campaña posta en marcha pola Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense en colaboración coa Consellería de Economía e Industria que ten por obxectivo poñer en valor o comercio de proximidade e impulsar as vendas premiando a confianza dos clientes.

Nos días de duración da campaña, que se desenvolverá ata o 9 de outubro, deberán presentar os seus tíckets de compra na carpa situada na rúa do Paseo ou aos promotores que se atoparán polas rúas da cidade, que lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 9 de outubro, a partir das 20 horas na praza Eugenio Montes dentro do programa dunha festa de peche que contará coa actuación do mago Rei Midas. Ese día sortearanse 5 tarxetas regalo de 300 euros e outras 25 por valor de 100 euros, e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

A campaña As compras na túa vila teñen premio chega este ano á súa oitava edición, desenvolvéndose en 4 cidades galegas. A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio para a posta en marcha de iniciativas conxuntas para impulsar a competitividade do sector.

Este acordo dotado con 600.000 euros, un 20% máis que o ano pasado, permite entre outras actuacións o mantemento dun servizo de asesoramento ao sector comercial e de fomento do emprendemento, e contémplanse tamén diferentes actuacións para a implantación das novas tecnoloxías relacionadas coa fidelización de clientes e a potenciación do comercio electrónico, así como a realización de encontros e xornadas.

28 de setembro de 2015 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.