Apertura do prazo para a contratación dos servizos da cafetería do Centro Social do Mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello abre o prazo para a presentación de ofertas para a contratación dos servizos de bar-cafetería do Centro Social do Mar. O prazo de presentación de documentación é de 15 días naturais a contar a partir de mañá, xa que hoxe se publicou no Boletín da Provincia.  As solicitudes entregaranse no Rexistro Xeral do Concello.

O único criterio a considerar será o maior canon ofertado, polo que se adxudicará o contrato a aquela empresa que oferte un presuposto de como mínimo 4200 euros anuais. A adxudicación farase a quen oferte máis a partir do prezo mínimo.

O contrato poderá ter unha duración máxima de catro anos, con prórrogas incluídas, e a explotación do servizo está vinculada á concesión administrativa de Portos de Galicia a favor do Concello de Bueu.

Os interesados poderán ver as características técnicas do proxecto na sección do Perfil do contratante da páxina web do Concello.

15 de setembro de 2015 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.