publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición para participar no curso “Creación de horta ecolóxica” en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia abre o prazo para inscribirse nos cursos Actívate que organiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Son accións formativas para a mocidade, que nesta edición se especializará en “creación de horta ecolóxica”. O prazo de inscrición estará aberto a partir do luns día 7 de setembro nas oficinas do Concello.

O curso ten unha duración de corenta horas e impartiranse a partir de outubro. As inscricións xa se poden facer nas oficinas municipais, ata completar as 25 prazas dispoñibles. Os solicitantes deberán entregar fotocopia de DNI e da tarxeta de demandante de emprego, no seu caso.

O curso está incluído no programa “Actívate”  da Deputación de Pontevedra. O seu obxectivo é mellorar as competencias profesionais dos mozos para incrementar as súas posibilidades de acceso ao mundo laboral e facilitar a adquisición de nocións básicas sobre a horta ecolóxica. 

4 de setembro de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.