Apertura da inscrición para o club de hóckey A.C. Órdenes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O club de  hóckey A.C. Órdenes vén de abrir o seu prazo de inscrición para a nova tempada. Aquelas persoas que queiran formalizar a súa inclusión pódeno facer no pavillón Castelao I todos os mércores de 18.30 a 20 horas e os venres de 17 a 18 horas. As categorías son: micro, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil, júnior e sénior.

Como de costume os adestramentos serán en horario de tarde no mesmo pavillón. Ademais este ano como novidade a directiva pon á disposición de quen o desexe as tarxetas de amigo colaborador, a partir dun prezo de 10 €.

Ademais, este sábado, 19 de setembro, terá lugar a presentación oficial da nova tempada. A cita está posta para as 17 horas no pavillón Castelao I. 

16 de setembro de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.