publicidade hoxe

Andaina da senda do río Mendo e xantar popular da Quinta do Piñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro de Corzáns, realizará o próximo domingo 13 de setembro, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, unha andaina guiada polo patrimonio histórico e etnográfico próximo á recentemente constituída, por parte do Concello,  Senda do Río Mendo

A visita contará coas explicacións dunha historiadora da zona, comezando o percorrido ás 10:00 horas na Quinta do Piñeiro, lugar onde todos os anos a asociación realiza a súa tradicional “sementeira”.

Esta andaina ten como obxectivo dar a coñecer a foráneos e visitantes recunchos do Concello de Salvaterra, dun alto valor paisaxístico e histórico. Ofrecéndonos a posibilidade de visitar lugares como o espectacular Portal da Inquisición, o muíño da Ponte (un dos poucos que aínda se manteñen en funcionamento da contorna) ou o Pazo de Petán, un magnífico exemplo da arquitectura civil no século XVIII. Así como outros elementos etnográficos, arquitectónicos e relixiosos das parroquias de Corzáns, Fiolledo e Oleiros.

Por outra banda, as 14:00 horas os asistentes gozarán dunha comida campestre na área recreativa da “Ponte de Ferrón”. Cuxo menú se comporá de entrantes, paella, sobremesa e viño da zona. Todo isto, nunha paisaxe fluvial singular e a prezos populares. Aínda que se o tempo non acompaña a comida terá que trasladarse a Casa cultural de Corzáns.

Despois do xantar, tanto grandes como cativos poderán divertirse, participando en xogos populares como carreiras de sacos, campionato de debullado de espigas ou carreiras de relevos con cestas de xunco na cabeza.

O público que queira asistir tanto a andaina como a comida ten que anotarse mediante o facebook da asociación: Quintadopiñeiro Sementeira Corzáns ou mediante os teléfonos 637 764 865 e 678 929 633.

1 de setembro de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.