Amplíase o prazo para participar no programa diurno de balnearios Coidarte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que se amplía o prazo para solicitar prazas para participar no “Programa Diúrno de Balnearios de Carácter Lúdico COIDARTE”, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra. O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres), nun Balneario da nosa provincia.

Destinatarios e requisitos dos mesmos:

1. Nacer antes de 1965, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou o número de identidade de estranxeiro (NIE).

2. Ser pensionista. Neste caso deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.

3. Precisar dun respiro, o que se acreditará mediante un informe do traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos.

É requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible ca actividade do programa.

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 5 de outubro.

16 de setembro de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.