Alex Vidal e Lúa Piñeiro xa están en Turquía
Lúa Piñeiro e Alex Vidal xa están en Samsun (Turquía) para participar na proba do Grand Prix de Turquia (Lúa) e no VI Campionato do Mundo de Parataekwondo (Alex). O primeiro en competir será Alex Vidal, xa que mañá defenderá o título de Campión do Mundo, acadado o pasado ano en Moscú. O deportista do Natural Sport Ribeira leva xa tres títulos mundiais consecutivos! Pola súa banda, Lúa participará na Proba do Grand Prix, que se disputará entre os días 18 e 20 de setembro, con moita ilusión tralos triunfos de Polonia e Israel.











