Alex Vidal acada o bronce no Mundial de Parataekwondo
Alex Vidal enfrontaba a sexta edición do Mundial de Parataekwondo, que se celebrou en Samsun (Turquía), coa ilusión de acadar o título de campión do mundo por cuarta vez de forma consecutiva, pero nesta oportunidade non puido ser. O galego caeu contra o representante de Guatemala, Gersson Mejía, por 5-3, e tivo que conformarse coa medalla de bronce.











