Alerta de temporal nivel laranxa por choiva que afectará ás provincias da Coruña e Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPontevedra
A-
A+

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa por choivas que afectará a partir de mañá as provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a través da súa delegación galega, a partir das 8.00 horas de mañá, martes, espéranse unhas precipitacións acumuladas de 80 mm. en 12 h. na provincia de Pontevedra e na zona oeste e suroeste da Coruña.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos afectados, aos bombeiros e a Protección Civil, entre outros.

Tamén se recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección pertinentes, e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.orgnova venta), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

14 de setembro de 2015 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.