AFAL instala as súas mesas informativas e petitorias en Alcampo e Odeón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

AFAL Ferrolterra instalará mañá sábado, 5 de setembro, mesas informativas e petitorias nos centros comerciais de Alcampo e Odeón. No primeiro caso, entre as 10 e as 14 horas e, no segundo, de 16 a 20 horas. Durante ese tempo, persoal da entidade dará a coñecer a enfermidade ao público e o labor que desenvolve para mellorar a calidade de vida de enfermos e familiares, á vez que recollerán os donativos que desexe realizar a cidadanía para colaborar economicamente con ese traballo. Esta iniciativa repetirase os días 15 e 21, aínda que en diferentes escenarios. No Hospital Naval e Complexo Hospitalario Universitario Arquitecto Marcide na primeira xornada e en diferentes rúas da cidade de Ferrol na segunda. Todas estas actividades inclúense na programación de actos deseñada pola asociación para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer.

4 de setembro de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.