AEF e Fegape xestionan a reedición do proxecto Ohsas 18001:2007
A Federación Galega de Parques Empresariais en colaboración coa Asociación de Empresarios Ferrolterra está a xestionar a reedición do proxecto OHSAS 18001:2007, o proxecto está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar, e ten como fin a implantación da citada norma de Seguridade e Saúde Laboral nas empresas participantes, sen custo algún.
O proxecto ten unha duración aproximada dun mes, e iniciaríase na segunda quincena de setembro. E desenvólvese segundo a seguinte estrutura:
· Fase I: Análise dos perfís das empresas e definición da documentación proposta/Talleres de traballo.
· Fase II: Visitas ás empresas.
· Fase III: Realización de auditorías internas/Proposta de accións correctoras.
· Fase IV: Avaliación final e conclusións.
Aquelas empresas estean interesadas en participar no proxecto, unicamente deberán contactar coa A.E.F. o máis axiña posible (981 333 305).
Na pasada edición, cinco empresas asociadas á AEF, participaron neste proxecto.











