publicidade hoxe

Adxudicado o servizo de cafetería da Festa do Marisco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O concurso para a explotación da Cafetería da Festa do Marisco foi resolto no mediodía de hoxe. Logo do procedemento administrativo iniciado hai dúas semanas a mesa de contratación, configurada segundo a normativa establecida, procedeu a apertura de plicas. O concurso estivo aberto dende o 10 ó 18 de setembro e permitía que calquera empresa ou particular puidera participar no mesmo sendo publicitada a oferta no Boletin Oficial da Provincial e a través da web do Concello.

As condicións esixidas no concurso son as establecidas pola normativa vixente: solvencia técnica e profesional. Os criterios avaliables para a adxudicación eran:

1. Melloras relativas á calidade dos materiais, estética e decoración da carpa (ata 20 puntos).

2. Melloras propostas en relación coa oferta de actividades culturais/e o musicais complementarias das organizadas polo Concello (ata 20 puntos)

3. Oferta económica; marcándose o prezo mínimo de licitación en 3.500 euros (ata 60 puntos).

Logo de rematado o prazo foron tres as empresas locais presentadas: Alfonso Padín, Alfonso Mourelos e Francisco Álvarez. A valoración das propostas realizada pola Mesa de Contratación foi a seguinte:

Concursante

Decoración e estética

Programación cultural

Aportación económica

Puntuación final

Alfonso Padín

Non presenta

Non presenta

3.711 euros

35

Alfonso Mourelos

10

20

4.000 euros

70

Francisco Álvarez

20

10

6.000 euros

90

Logo de revisada a documentación a Mesa procedeu a adxudicar a cafetería á proposta de maior puntuación.

Novo procedemento 

A saída a concurso da cafetería da Festa do Marisco foi unha medida posta en marcha para evitar o problema das edicións anteriores no relativo a adxudicación da mesma. Logo das consultas ós técnicos municipais indicouse que o sistema máis obxectivo pasaba por  un concurso aberto onde a mesma se adxudicara ó mellor postor. Lémbrase ademais que tódolos veciños e veciñas que así o desexen poden consultar a documentación presentada e todo o procedemento realizado. 

25 de setembro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.