ACIGU chega aos 430.00 visitantes nas súas Oficinas de Información Turístico-Comercial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A Asociación de Empresarios da Guarda, ACIGU C.C.A, mantén aberta os meses de verán, a súa Oficina Turístico-Comercial instalada na Rúa do Porto da Guarda, ofrecendo un servizo demando polos visitantes, pero tamén polos veciños do Baixo Miño; que foi valorado positivamente polos asociados deste colectivo. O resto do ano dáse información desde a súa sede social en Rúa Agustín Nandín Lomba.

Das análises dos datos solicitados na Oficina de Turismo, constátase que se incrementou levemente o número de visitantes respecto dos datos do ano 2014, elevándose a 26.210 as visitas atendidas, entre os meses de abril e agosto, producíndose un maior incremento que en anos anteriores en Semana Santa, e os meses de  xullo e agosto. Sumando máis de 430.000 visitas recibidas nos máis de 18 anos que levamos instalando en zona de competencia de Portos de Galicia; aos que hai que agradecer a súa colaboración. 

Da cifra total de visitantes, un 20% foron estranxeiros e o resto nacionais. Os turistas estranxeiros maioritariamente procedían de Portugal e  Francia; aínda que aumentou tamén notablemente o numero de alemáns que nos visitaron. Os españois que máis o fixeron no período mencionado foron os madrileños, asturianos e cataláns, ademais dunha gran afluencia de galegos.

Este ano tamén debemos destacar o aumento do número de peregrinos do Camiño de Santiago portugués que atravesan o Norte de Portugal polo ferry que enlaza Caminha-A Guarda.

Desde o punto de vista de información solicitada; ao longo de todos estes anos ofreceuse todo tipo de información da localidade; desde como chegar ao noso punto máis visitado e turístico, o Monte Santa Tecla; até dar calquera tipo de información de horario de autobuses, farmacias de garda; onde comprar Roscas de Xema; situar as rúas comerciais da localidade; reservar hoteis e a pregunta típica de onde comer e/ou cear “bo, bonito e barato”. Evidentemente desde estas oficinas tentámoslles ofrecer uns bos servizos de restauración,  hostalaría e comercio dos nosos asociados; aínda que se preguntaban por algunha tenda, e/ou empresa en concreto facilitámoslles a información correspondente de localización e contacto.

As oficinas de Información desta Entidade sempre trataron de estar abertas en horarios pouco convencionais respecto doutras Entidades e Institucións; cousa que nos diferencia e o público que nos visita agradece; xa que en moitas ocasións as Oficinas de Información só abren en horarios de mañá e/ou con servizos limitados. A nosa oferta sempre foi diferente cun horario ininterrompido iniciar na súa andaina cando os mozos que informaban eran Obxectores de Conciencia de luns a Domingo de 9:30 da mañá a 9:30 da noite a mediados do noventa. Co paso do tempo este servizo foise profesionalizando introducindo técnicos, e na actualidade seguimos apostando por manter un servizo de información Turístico Comercial con horarios  diferenciados de 11:30 a 15:30 e de 19:00 a 21:30 de martes a domingo.

2 de setembro de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.