ACADAR desenvolve o proxecto “Liderar para medrar”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Do 21 ao 30 de Setembro a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) desenvolverá o proxecto “LIDERAR PARA MEDRAR”, financiado polo Concello de Lugo, e que quere incidir na capacitación das mulleres con discapacidade nos distintos ámbitos e áreas de participación social.

As actuacións que desenvolve ACADAR abarcan os ámbitos do emprego, violencia de xénero, saúde, maternidade, sexualidade, vida independente e medios de comunicación, participación social e liderado.

O obxectivo deste proxecto é procurar a capacitación para o liderado das mulleres da Comarca de Lugo, repercutindo así positivamente á reeducación das características propias da socialización diferencial, garantindo así a igualdade de oportunidades, fomentando a participación social e activa de mulleres con discapacidade e camiñando cara á igualdade real.

No marco do mesmo, levaranse a cabo 4 obradoiros sobre liderado no que participarán 50 mulleres. Trataranse aspectos como as inquedanzas persoais, o que é o liderado, as propias capacidades individuais, o desenvolvemento dun plan de acción, etc.

– 21 e 23 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra de Lugo (Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1)

– 28 e 30 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas no Centro de Recursos para Persoas con Discapacidade de Fingoi (Rúa da Luz, nº 4)

Dende ACADAR queren animar ás mulleres con discapacidade da comarca a que participen nestes obradoiros dado que neste momento aínda contan con prazas dispoñibles.

18 de setembro de 2015 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.