Abriuse a inscrición para o XX Medio Maratón Cidade de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Dentro dun mes, o próximo 18 de outubro, ás 11 da mañá darase a saída a unha edición máis do Medio Maratón de Pontevedra, unha carreira que ano a ano continúa crecendo e que xuntou en 2014 a máis de 1.400 corredores. A Sociedade Ximnástica de Pontevedra e o Concello da capital, están a colaborar intensamente para que de novo os 21.097 metros sexan outra festa de atletismo popular, sobre todo grazas á axuda de institucións e empresas como a Xunta de Galicia, Visit Pontevedra, Federación Galega de Atletismo, Powerade, Froiz, Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo, Cruz Vermella, Protección Civil, Oficina do Voluntariado de Pontevedra, Policía Local e os hoteleiros da cidade.

Desde o pasado martes abriuse na páxina web www.championchipnorte.com, o período de inscrición da carreira, á que xa están automaticamente anotados os participantes do Circuíto de Carreiras Populares do Concello de Pontevedra, na que será a última etapa do CCCP 2015.

Os servizos que presta a organización aos corredores foron crecendo ao longo destes anos, sentíndose cada vez máis arroupados, algo que se fixo notar cun incremento continuo de participantes a cada edición celebrada. Como sempre o CGTD de Pontevedra e o Pavillón Universitario serán os puntos neurálxicos dunha carreira que espera exceder os 1.500 participantes.

16 de setembro de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.