Ábrese o prazo para anotarse nas clases de música e nas Aulas de Ensaio da Escola de Música Moderna en Narón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

O Concello de Narón abrirá mañá o prazo para participar nas clases de música e nas Aulas de Ensaio da Escola de Música Moderna. Os destinatarios son mozos e mozas de entre doce e trinta anos que, no caso das clases de música, deben estar empadroados na localidade e no das Aulas de Ensaio deberán ter como mínimo un integrante de Narón no seu grupo. As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Narón ­–no primeiro andar do Concello-, ata esgotar as prazas, tal e como apuntou a concelleira de Mocidade, Natalia Hermida. O custe é de 8,15 euros por cada usuario ou membro de grupo ao mes.

As clases de música divídense en tres grupos: Guitarra, Percusión e Son. As sesións de aprendizaxe musical de Guitarra terán tres horarios posibles, en función dos coñecementos previos dos alumnos. Haberá un grupo de iniciación, mércores e venres de 17.00 a 18.00 horas, e outro de perfeccionamento, mércores e xoves de 18.00 a 19.00 horas. As clases de Batería serán os luns e xoves de 20.00 a 21.00 horas e as de Baixo os luns e mércores de 19.00 a 20.00 horas.

As Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade, na Gándara, poderán solicitarse de luns a sábados entre as 16.00 e as 21.30 horas, en función do día da semana.

A edil de Mocidade incidiu en que un dos obxectivos deste tipo de iniciativas é “promover a música realizada por grupos novos e darles unha oportunidade tanto a nivel formativo como para dar a coñecer o seu traballo”.

7 de setembro de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.