Ábrese o prazo de inscricións para o curso de árbitro de fútbol na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Delegación de Árbitros de Fútbol da Coruña abre o prazo de inscricións para o Curso de Árbitro de Fútbol para a presente tempada 2015-2016.
O curso dará comezo o próximo 1 de outubro ás 20:15 horas na aula de capacitación da delegación coruñesa situada en Travesía de San Xosé, 7 baixo, na Coruña.

Todos os interesados poden inscribirse na propia delegación ou ben solicitar información no e-mail coruna.arbitros@futgal.es ou no teléfono 981.212.895. As prazas son limitadas.

O Curso supón unha excelente oportunidade para iniciarse na arbitraxe, ampliar coñecementos sobre as Regras de Xogo no fútbol, formar parte dun equipo humano de máis de 800 árbitros e percibir unha retribución económica. As idades ás que vai dirixido o curso comprenden dos 11 aos 29 anos, no momento de realizar a inscrición

25 de setembro de 2015 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.