publicidade hoxe

Abre as súas portas a 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

O pasado mércores, o responsable do Recinto Feiral, Nemesio Rey Pazos, xunto co rexedor local, José López Campos e o Presidente da Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada e membro do Padroado da entidade, Gonzalo Figueiras Rey, recibían á Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal, para realizar a presentación oficial da mostra aos medios de comunicación.

E n esta ocasión e por segunda vez na semana, será a Directora Xeral de Comercio, por delegación do Presidente da Xunta de Galicia, quen faga acto de presencia no recinto feiral estradense, representando ao executivo eutonómico e coa encomenda de inaugurar a 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia. Sol María Vázquez Abeal, chegará A Estrada, ás once horas e corenta e cinco minutos, sendo recibida na entrada da Feira polo rexedor local estradense, José López Campos, o responsable do recinto feiral, Nemesio Rey Pazos e demais autoridades locais e autonómicas presentes.

A medio día, está previsto que escomece o turno de intervencións. Será o responsable do recinto feiral, o que lle dea a benvenida aos presentes. Acto seguido, intervirá o alcalde estradense e pechando as intervencións, comparecerá a Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal, quen deixará oficialmente inaugurado o meirande evento sectorial da madeira e o moble de todo o noroeste peninsular.

Os organizadores do certame agardan contar unha edición mais co beneplácito do público e manter a afluencia de visitantes xa que, para acadar este obxectivo, novamente manteñen a entrada gratuíta e igualmente se efectuaran unha serie de sorteos entre os asistentes, consistentes en catro vales de compra por importe de cincocentos euros cada un e seis ceas para duas persoas. Estes sorteos contan co patrocinio da Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada e do Restaurante local “O Asador de Leo”. As bases destos sorteos están colgadas respectivamente na páxina web www.mobledaestrada.es e www.feiradomoble.com.

O único escaparate sectorial, á data en Galicia e referente do noroeste peninsular, amosa as últimas tendencias de mobiliario doméstico, iluminación, decoración, relax, etc… adaptadas a todo tipo de economías domésticas. Preto de setenta firmas, distribuidas en seis pavillóns ao logo de 26.000 m2, das cales, o 87% son firmas nacionais. Dentro do total nacional, destacan as procedentes de Galicia, cun 70%. Do 70% de participantes autonómicos o 24%, son firmas locais de mobiliario, artesanía e resto do comercio. Pola súa banda, a participación internacional ascende ao 13% do total de participantes. Estas firmas extranxeiras chegan procedentes de: Portugal, Pakistan, Marruecos, etc…

A 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia, é un escaparate promocional único no que conflúen anualmente a oferta e a demanda e que xera un importante volume de transaccións económicas, a curto e medio prazo.

O evento estrela da entidade, abre as súas portas para sorprender a todos coas novidades presentes. Tendencias, cores, líneas e deseños persoalizados, xunto co esmerado acabado, os materiais nobles e a calidade, son premisas indiscutibles desta mostra sectorial. Instalación e servizo posvenda, son incentivos a maiores para decantarse e mercar na 29ª Feira Internacional do Moble de Galicia.

18 de setembro de 2015 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.