Aberto o prazo de inscrición para o laboratorio de ideas e o programa de mentoring na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda ten a inscrición aberta para todos aqueles interesados e interesadas en formar parte do “Laboratorio de Ideas” e no programa de “Mentoring”.

Ambas actividades darán comezo no mes de outubro.

Programa de Mentoring: Se es unha persoa emprendedora ou tes unha idea coa que emprender un proxecto, este é o programa idóneo para ti. O “Mentoring” ofrece asesoramento e acompañamento profesional para a posta en marcha dun novo negocio.

Laboratorio de Ideas: Se tes unha idea ou un proxecto e queres estudar a súa viabilidade, crear un espazo de traballo común e compartir experiencias para facer realidade esta idea, debes participar neste “Laboratorio de Ideas”.

Para facer efectivas as inscricións deben dirixirse á OMIX do Concello da Guarda ou contactar á dirección informacion@aguarda.es.

15 de setembro de 2015 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.