publicidade hoxe

A Xunta reforzará a seguridade viaria do cruce da Piolla cunha glorieta que se porá en servizo ao mesmo tempo que a autovía da Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaZas
A-
A+

A Xunta reforzará a seguridade viaria do cruce da Piolla, no concello de Zas, a través dunha glorieta que se porá en servizo ao mesmo tempo que a Autovía da Costa da Morte. Nese sentido, o Goberno galego garante o cumprimento do compromiso acadado cos veciños.

Mentres tanto, e co obxectivo de minimizar a afección á densidade de tráfico que rexistra esa estrada entre Cee e A Coruña ao seu paso polo núcleo da Piolla, artellouse unha solución provisional. En concreto, executouse unha intersección perpendicular á AC-552, sinalizada como provisional de obras ata a execución da glorieta definitiva, comprometida polo Goberno galego.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas prevé que a nova Autovía entre Carballo e Baio estean en funcionamento o vindeiro verán. Será entón cando a estrada AC-552 vexa reducido o seu tráfico polo que o encaixe da rotonda será máis axeitado.

28 de setembro de 2015 | 14:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.