A Xunta participa no acto de lanzamento da Feira do Libro de Bos Aires 2016
A Biblioteca Nacional de Arxentina acolleu onte a presentación do evento, no que interviron o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, en representación da Consellería de Cultura e Educación; o Ministro de Cultura da Cidade de Bos Aires, Hernán Lombardi; o presidente e mais o director institucional e cultural da Fundación El Libro, Martín Gremmelspacher e Oche Califa, respectivamente; e o director da Biblioteca Nacional, Horacio González.
A cuadraxésimo segunda edición da feira, que terá como protagonistas o libro e o sector editorial galegos, celebrarase do 21 de abril ao 9 de maio de 2016 na capital arxentina.











