A Xunta mostra a máis firme condena polo crime de violencia de xénero acontecido en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A Xunta de Galicia expresa a súa máis firme condena polo acto de violencia de xénero que lle custou a vida a Divina Mendes Pereira da Silva, no día de onte en Vigo. Trátase da terceira morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia, un crime polo que o Goberno galego manifesta a súa consternación ao tempo que fai un chamamento a toda a sociedade para que se rebele contra esta repudiable lacra e colabore para rematar con esta manifestación extrema de desigualdade que é a violencia de xénero.

O Goberno galego reitera o seu apoio ás vítimas deste tipo de actos violentos e apela á corresponsabilidade da toda a cidadanía na erradicación deste problema público e social de primeira orde.

Lémbrase que as vítimas teñen a súa disposición o 016, un teléfono gratuíto que garante a confidencialidade da chamada, xa que non queda rexistrada na factura telefónica. Ademais, froito dun acordo entre a Xunta e o Goberno do Estado, as chamadas que se produzan ao 016 desde o ámbito territorial de Galicia derívanse automaticamente ao teléfono 900 400 273 ou ao 112 no caso de que a usuaria precise atención de emerxencia.

Mañá, haberá unha concentración de condena polo crime, tanto no edificio administrativo de San Caetano coma nas delegacións territoriais da Xunta.

7 de setembro de 2015 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.