publicidade hoxe

A xunta de Lumar Natural Seafood aproba a saída do mercado alternativo bolsista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A xunta xeral ordinaria de accionistas de Lumar Natural Seafood aprobou por unanimidade a proposta de exclusión do Mercado Alternativo Bolsista (MAB) e o cambio de denominación da compañía que, desde este momento, se chama Seafood Global Processor. Os accionistas presentes na xunta, celebrada o pasado 3 de setembro, que representaban o 73,90% do capital social con dereito a voto, apoiaron tamén todos os puntos da orde do día, que incluían a aprobación das contas anuais do exercicio 2014 -cando a compañía rexistrou perdas por 2,06 millóns de euros- e a aplicación do resultado correspondente a 2013, segundo figura no feito relevante remitido ao MAB.

Así, foi aprobada a xestión do consello de administración durante o exercicio 2014 e outorgar as “facultades necesarias para a execución dos acordos adoptados”. Entre eles, figura a modificación dos estatutos para executar o cambio de nome da empresa Seafood Global Processor e a saída do MAB.

Igualmente, a xunta deu luz verde á oferta dirixida aos accionistas que non votaron a favor da exclusión e o procedemento até a liquidación da oferta, que se publicará “nos próximos días”, segundo sinala Lumar nun comunicado de prensa.

“ASEGURAR A ACTIVIDADE DA EMPRESA”

O consello propuxo á xunta a exclusión do MAB e o cambio de nome para “asegurar a actividade da empresa e protexer os intereses dos accionistas da compañía”, destaca. Así, coa nova denominación pretende preservar o acordo alcanzado por Kimi SARL o 15 de abril de 2013, mediante o cal a sociedade luxemburguesa asumía o reto de “dar continuidade á marca Lumar no mercado”.

9 de setembro de 2015 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.