A Xunta afirma que o Rally da Coruña cumpría os requisitos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou que o Rally da Coruña cumpría “os requisitos” para outorgarlle a correspondente autorización para a súa organización. Non obstante, tras o accidente acontecido en Carral, e que se saldou con sete falecidos, o tamén conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza admitiu, a preguntas dos xornalistas, que “canta máis seguridade, mellor”.

“Sempre é bo o que sexa estudar trazados para asegurar que todos os riscos previsibles estean contemplados”, sinalou Alfonso Rueda, quen remarcou que iso vai “en beneficio de todos”.

Mentres, sobre os requisitos para outorgar aos organizadores a autorización para a celebración do Rally, dixo que “dende o punto de vista da solicitude cumpría os requisitos. “A documentación para outorgar a autorización estaba en regra”, engadiu Rueda, para quen “o demais -en alusión ao accidente- lle corresponde á Xustiza”.

O vicepresidente da Xunta realizou estas manifestacións coincidindo coa súa presenza na clausura da II edición das xornadas ‘Pensando en Xustiza’.

11 de setembro de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.