publicidade hoxe

A Xunta achega 24.000 euros ao concello de Meis para mellorar a rede de saneamento do núcleo de Cabeza de Boi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeis
A-
A+
Alberto Pazos e o alcalde de Meis

Alberto Pazos e o alcalde de Meis

O director xeral de Administración Local, Alberto Pazos, e o alcalde de Meis, José Luis Pérez Estévez, asinaron hoxe un convenio de cooperación polo que a Xunta lle achega ao concello preto de 24.000 euros para dotar ao núcleo de Cabeza de Boi dunha axeitada rede de saneamento.

A sinatura tivo lugar no Concello de Meis e contou coa presenza do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. O convenio asínase grazas ao saldo de crédito que quedou tras resolver unha orde de subvencións da Vicepresidencia para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais destinadas a concellos galegos en 2015.

A subvención está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, que ten entre as súas prioridades “a mellora da calidade de vida nas zonas rurais”. Con ese mesmo obxectivo, o Goberno galego decidiu apoiar economicamente a aquelas actuacións para mellorar as infraestruturas e equipamentos de uso público e, por tanto, os servizos municipais que se prestan aos veciños e veciñas.

17 de setembro de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.