A XII edición do concurso Viaxarte elixe as fotografías gañadoras

Blurma
A XII edición do concurso fotográfico Viaxarte, organizado polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e dirixido a mozos e a mozas de entre 15 e 30 anos, xa ten traballos gañadores. A fotografía “Blurma”, de Andrés Álvarez Martín, e a serie a serie “Un planeta chamado Islandia”, de Alba Roca Galán, foron escollidos polo xurado como os mellores de todos os presentados a este concurso no que as fotos teñen que estar relacionadas coa temática viaxeira.
Os criterios de selección empregados polo xurado para escoller as fotos gañadoras foron a capacidade de evocación da viaxe, a proposta expresiva e a corrección técnica. O premio será unha viaxe por Europa. Tanto as súas fotografías como unha selección das presentadas ao concurso aparecerán publicadas nun catálogo. Os traballos tamén formarán parte dunha exposición colectiva que se inaugurará o vindeiro 1 de outubro na sala Plataforma14, o espazo para artistas emerxentes do Fórum Metropolitano.











