A vixésima edición do Medio Maratón de Pontevedra vai camiño de superar o record de participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A Sociedade Ximnástica de Pontevedra, coa axuda inestimable do Instituto Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra, continúan preparando unha das citas deportivas máis importantes da cidade, o Medio Maratón de Pontevedra, que se celebrará o próximo 18 de outubro.

Aínda que queda até o 13 de outubro para concluír o período de inscrición, a través da páxina web www.championchipnorte.com, comparando o ritmo de altas na carreira por estas datas no ano pasado, o aumento está a ser dun 25%.

Sen dúbida as cifras convidan o optimismo, por parte da organización da carreira que ve como os servizos que se lles ofrecen cada ano aos corredores están a ser ben valorados, pero terá que esperar á conclusión do período de inscrición para confirmar este incremento e ver si superan os 1.443 corredores que participaron o ano pasado.

29 de setembro de 2015 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.