publicidade hoxe

A UD Cerqueda fai a súa primeira achega ao banco de alimentos de Malpica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

A Unión Deportiva Cerqueda comezou a súa colaboración estable coa área de Servizos Sociais do Concello de Malpica coa entrega ao banco de alimentos dos produtos adquiridos coa recadación do Torneo Solidario Os Petóns. Pasta, conservas de peixe, verduras e hortalizas, cacao, aceite e azucre forman parte dunha lista da compra moi especial, en primeiro lugar porque vai contribuír a cubrir as necesidades de 21 familias do municipio e, en segundo lugar, porque pon de manifesto que o fútbol pode ir moito máis aló do estritamente deportivo.

O presidente da UD Cerqueda, Roberto García, acompañado por outros membros da xunta directiva e o capitán do equipo, fixo entrega onte de alimentos non perecedoiros por valor de 406 euros, superior aos 379 que se recadaron no torneo de finais de agosto. Por parte do Concello de Malpica asistiron o alcalde, Eduardo Parga; a concelleira de Servizos Sociais, MarisolBlanco; o concelleiro de Deportes, IagoEspasandín, e o primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández, que agradeceron o xesto solidario da UD Cerqueda e reiteraron o seu compromiso coa atención permanente ás familias con máis necesidades.

19 de setembro de 2015 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.