A Sociedade Ximnástica xa ten rivais e sede para o Campionato de España Cadete de Clubs

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Esperábase a próxima semana, pero a RFEA adiantou as previsións e onte anunciou a composición dos encontros e sedes para o Campionato de España Cadete de Clubs. O equipo feminino da Sociedade Ximnástica desprazarase a Valladolid o próximo 10 de outubro, onde se enfrontará na Final “B” a 7 rivais, o locatario Atletismo Valladolid, Puentecilla de Palencia, o Canario de Forteventura, os madrileños de Alcorcón e Tres Cantos, o Almaraz de Cáceres e o equipo vigués da AVA.

O próximo 14 de setembro, as atletas pontevedresas comezarán a pretemporada con poucos días para preparar a competición e co hándicap de non poder usar a pista de atletismo do CGTD, debido ás obras de remodelación e que se prevé terminen na primeira quincena de outubro.

Aínda así as novas atletas pontevedresas acudirán coa ilusión de asistir ao seu primeiro Campionato de España e por parte dos dirixentes da veterana Sociedade, sen a necesidade de conseguir un bo resultado deportivo, simplemente seguir sumando experiencia competitiva fose do ámbito habitual do atletismo galego.

3 de setembro de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.