A selección absoluta de fútbol sala de Vietnam foi recibida en Raxoi

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Recepción á selección de fútbol sala

Recepción á selección de fútbol sala

A concelleira de Deportes, Noa Morales, recibiu a selección absoluta de fútbol sala de Vietnam, á que deu a benvida a Santiago de Compostela. A selección vietnamita leva uns días en Santiago, onde estará concentrada ata o 28 de setembro, co fin de preparar o próximo campionato asiático e intentar clasificarse para o Mundial. Durante esta estancia enfrontaranse ao Santiago Futsal e a outros equipos galegos coma Burela, Parrulo e Narón. A Selección de Vietnam está adestrada por un ferrolán, Bruno García, e parte do corpo técnico tamén é galego.

21 de setembro de 2015 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.