A reordenación do tráfico en Fexdega facilita o acceso aos garaxes dos edificios laterais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A nova reordenación de tráfico deseñada polo goberno local facilita o acceso aos garaxes dos edificios de vivendas situados no lateral do recinto da Maroma. Estes cambios vánselle expoñer estar tarde aos presidentes das comunidades de veciños afectadas nunha xuntanza a celebrar a partir das cinco da tarde na sala de xuntas do Concello e na que estarán presentes os concelleiros de Urbanismo, Paola María e de Tráfico, Juan Antonio Pérez.

A principal queixa dos veciños da zona en relación aos cambios no tráfico realizados polo anterior goberno coa apertura no novo acceso ao aparcamento de Fexdega referíase ao rodeo que tiñan que dar usuarios dos garaxes desta beira do recinto para acceder a eles xa que a vía quedara establecida como de sentido único de saída cara Rodrigo de Mendoza. Para evitar este problema, a proposta do novo goberno permite a entrada ao aparcamento dianteiro de Fexdega dende o cruce das palmeiras en Rodrigo de Mendoza exclusivamente ata o acceso ao párking. A partir dese punto só poderán circular os vehículos que vaian acceder aos garaxes, posto que a vía mantense na súa totalidade con sentido de saída.

O goberno socialista descarta construír unha glorieta en forma de lágrima para regular a entrada á Fexdega dende o cruce de Rodrigo de Mendoza polo lateral do Andaina; xa que, a pé de estrada, considerouse que o xiro neste complicado punto ían a entorpecer aínda máis o fluxo da circulación posto que aí conflúen dúas vías: á de acceso ao centro da cidade é a de saída por Doutor Tourón. Ademais, a medida podería conlevar risco para os peóns, xa que o emprazamento previsto para a glorieta sitúase ao carón dun paso de peóns moi transitado polas persoas que cruzan do recinto deportivo e feiral cara a ponte pernil de Madeira que atravesa o río Con.

Polo tanto, aínda que a vía lateral do Andaina mantense con sentido único de entrada cara o aparcamento posterior de Fexdega, os vehículos só poderán xirar se veñen dende a Glorieta da Mariña Española en sentido A Laxe. Polo demais, o circuíto mantense coa saída pola vía lateral oposta como se comentou anteriormente.

Outro dos cambios que realizará o Concello afecta aos estacionamentos do aparcamento dianteiro de Fexdega. En concreto á liña existente fronte á fachada da zona verde. A disposición recta das prazas cambiarase por outra en oblicuo co obxectivo de dar cabida a unha nova liña de estacionamentos en fronte a esta.

En realidade, os usuarios deste aparcamento xa están aparcando en dobre fila, aínda que as prazas non estean pintadas, pero co novo deseño quedarán marcadas e reguladas de xeito que se cumpran espazos para estacionar e tamén de tránsito.

8 de setembro de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.