A programación infantil comeza no Auditorio Municipal co espectáculo Os Axóuxeres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Comeza o curso e con el, moitas das actividades que organiza a Concellería de Cultura. A Programación Infantil do Auditorio é unha delas, e este venres ten o primeiro espectáculo da man de Os Axóuxeres, de Elefante Elegante, a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal. A festa da música, dos xogos e das palabras, está dirixida para cativos ata 6 anos e a entrada é gratuíta por convite –reserva de entradas no 697 363 089-.

O sábado a partir das 21.30 h dará saída desde a Praza Maior o desfile do Entroido de Verán 2015. Actividade recuperada tras anos sen realizarse, pretende dinamizar as rúas da zona vella con música e disfraces, para rematar cunha festa na Praza do Correxidor. Mañá xoves remata o prazo para anotarse no concurso do “Entroido de verán” nas dependencias do Auditorio Municipal.

O domingo, o Auditorio Municipal volve ter outro espectáculo do programa infantil, este xa no seu horario habitual ás 12:00 horas. Será o teatro que leva por título Jim e a illa do tesouro, de Eme2 emocion&arte, unha interpretación áxil e chea de emoción da peza clásica de R. L. Stevenson. A obra está dirixida a rapazas e rapaces con máis de 5 anos e ten un prezo de 3 €. Todas as entradas dos espectáculos do Auditorio Municipal pódense adquirir en www.ataquilla.com e dúas horas antes da función na billeteira do Auditorio.

15 de setembro de 2015 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.