A praia de Samil acollerá o Desafío Boot Camp Race

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

Desafio Boot Camp RaceDesafio Boot Camp Race, chega a Samil na súa primeira edición, o segredo mellor gardado pola organización son os obstáculos, sabemos xa que discorre entre o Museo do mar e a avenida de Samil e que o percorrido pasará por asfalto, praia e monte.

Para que Desafio Boot Camp Race, poida ser un desafío para todos os públicos, a organización propuxo dúas categorías: Elite, pensada para deportistas cunha alta preparación (6km- 21 obstáculos) e Daredevil, pensada para todos aqueles que fan deporte regularmente (4 km.- 17 obstáculos) e ademais a posibilidade de competir individualmente ou por equipos. Tamén contemplan a categoría veteranos e un espazo destinado aos máis pequenos: Desafio Boot Camp Kids, onde se emulará o circuíto dos maiores con obstáculos especialmente deseñados para os máis atrevidos.

A nivel deportivo, outra das novidades é a celebración de dous adestramentos por cortesía da organización e dirixidos polo director de carreira ao que foron convidados todos os inscritos. O primeiro adestramento tivo lugar na praia de Samil o pasado día 29 de agosto con máis de 100 asistentes. Tal foi a acollida que a organización organizou outro para adestro o pasado sábado día 12 cun éxito de participación con 130 deportistas.

Espérase que participen entre 1.200 e 2.000 atletas nesta proba e que a carreira congregue a uns 15.000 espectadores. A inscrición está aberta e todos os interesados en participar poden informarse sobre os prezos e os requisitos na páxina web da carreira: www.desafiobootcamp.com ou no noso correo electrónico info@desafiobootcamp.com.

21 de setembro de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.