A praia de Lapamán acollerá o vindeiro venres o II Concurso de castelos de area
Este venres 4 de setembro terá lugar o II Concurso de Castelos e Figuras de Area, un evento que tamén tivo un notable éxito de participantes na edición anterior e que desta vez se traslada á praia de Lapamán, que foi galardoada novamente coa Bandeira Azul. O Concurso terá lugar entre as 17.00 e as 19.00 horas e nel poderán participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, conformando parellas ou pequenos grupos de 3 e 4 membros. Un xurado nomeado pola Concellería de Turismo outorgará tres premios para os castelos e figuras máis orixinais, imaxinativos e mellor elaborados.
Os interesados en participar poderán inscribirse na Oficina de Turismo, ou ben presencialmente ou chamando ao número de teléfono 986 324 457.











