A Pontevedra Non Stop 6-12 horas BTT deste sábado xa supera os 300 inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A segunda edición da proba de BTT Pontevedra non Stop, que se celebra este sábado 3 de outubro de 9 da mañá a 9 da noite no Pontillón do Castro, xa conta con 325 inscritos, máis que na primeira edición. O Concello de Pontevedra colabora na organización da proba.

Dos inscritos cabe resaltar que que 40 persoas van realizar a proba de forma individual, e unha delas ten 68 anos. Ademáis, tamén está inscrita unha parella de discapacitados que participará na proba de 6 horas.

Os participantes disporán de todas as comodidades, contando con servizo de ambulancia, control por parte de persoal da organización en todo o circuito, servizo de avituallamento, servizo de masaxe, servicio de quencencemento a través de bicicletas de sppining, servizo de lavado de bicicletas, e múscia para animar ó longo día.

O Pontillón do Castro vai a estar animado tamén con stands de exposición, bar, e actividades como o padel surf para aquelas persoas que se acheguen a desfrutar desta proba.

30 de setembro de 2015 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.