A Policía Nacional investiga a morte dun bebé nun hotel de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Policía Nacional investiga o falecemento dun bebé nun hotel do compostelán barrio de San Lázaro ocorrida a última hora da tarde deste luns, segundo informaron fontes deste corpo. Estas fontes explicaron que a investigación se iniciou ao tratarse dunha “morte sospeitosa” e que o caso o leva o Xulgado de Instrución número 1 de Santiago.

Polo momento non transcenderon máis datos, ao atoparse a policía solicitando información co obxectivo de poder consolidar unha teoría sobre as causas da morte do menor.

1 de setembro de 2015 | 12:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.