publicidade hoxe

A Policía Nacional establece novas datas para a renovación de DNI na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Corpo Nacional de Policía, instituto competente na expedición dos Documentos Nacionais de Identidade (DNI), non puido realizar as renovacións previstas na Laracha nesta semana por causa dun fallo no sistema informático que lles afectou a nivel estatal. Por ese motivo a unidade móbil do Corpo Nacional de Policía regresará á Laracha nos próximos días para facilitar aos nosos veciños a realización deste trámite. 

Deste xeito, as persoas que foran citadas para o pasado día 2 de setembro deberán acudir ao novo edificio administrativo da Laracha o día 15. As que se citaran para o día 3 finalmente deberán realizar o trámite o día 22. 

Para a xornada do día 15 de setembro aínda hai non está cuberto o cupo máximo. Se algunha persoa desexa renovar o DNI ou realizalo por primeira vez debe poñerse en contacto co Concello da Laracha para reservar a súa cita.

4 de setembro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.