A Peixería acolle ata o domingo actividades para facilitar a “volta ao cole” dos nenos e as súas familias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

“Entre Lusco e Fusco”, un programa pensado para disfrutar a través do xogo e que contribúa a reincorporarse ás rutinas e horarios propios desta época de “volta ao cole”, arranca esta tarde, ás 16:00 horas na praza da Peixería. O programa, promovido pola Concellería de Cultura co patrocinio de Gadis e a organización de RGM Eventos, está destinado a nenos e nenas entre 3 e 12 anos e asúas familias. Todas as actividades son gratuítas.

O espazo recreativo está formado por inchables, obradoiros (pintacaras, actividades plásticas, gimkanas, globoflexia…), xogos tradicionais e populares, e a Zona Babies, na que poderán divertirse os máis pequenos da casa. Desde hoxe pola tarde e ata o domingo día 20, os nenos poderán participar de forma gratuíta nestas actividades o xoves e venres en horario de tarde (de 16:30 a 21:00 horas) e o domingo en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 horas).

O número de prazas está limitado a 50 nenos por cada sesión (aproximadamente 45 minutos). Os pais ou acompañantes dos menores tamén poderán participar con eles dalgunhas das actividades.

17 de setembro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.