A parroquia de Poulo honra á Nosa Señora da Merced

Festas en Poulo
Dende hoxe e ata mañá venres Poulo celebra as súas festas na honra á Nosa Señora da Merced. O bo tempo axudou a que un elevado número de persoas se congregasen nesta parroquia ordense na que, tal e como manda o costume, foron moitos os que acudiron a comer ao campo.
Previamente tiveron lugar os oficios relixiosos. No caso da misa solemne estivo seguida da tradicional da procesión. A responsabilidade de facer bailar a todas e todos os festeiros neste día recaeu nos grupos Cinema e Armonía Show. Xa de cara a mañá o programa inclúe misas ás 10, 12, 13 e 20 horas, así como as actuacións de Miramar e Bomba. Tamén participará a Asociación Camiño Real de Poulo ás 18 horas na rúa principal. No caso de chuvia trasladarase á carpa instalada no campo da festa para a ocasión.











