A parroquia de Pereiras celebra as Festas da Virxe do Libramento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A parroquia mosense de Pereiras celebra esta fin de semana as festas na honra á Virxe do Libramento, que darán comezo o vindeiro venres, día 11 de setembro, cunha noite de música folk e sardiñada ó remate da Novena, amenizada polos grupos de Pandereteiras do Grupo Folclórico Nosa Terra, PesnaRúa de Pereiras, Os Chavellos de Pereiras e a Escola de Música Tradicional do C.C.R. de Cabral.

O sábado 12 ás 14.00 horas realizarase a tradicional tirada de fogos e a verbena empezará ás 22.00 horas contando coas actuacións das orquestras Sintonía de Vigo e Gran Parada.

O domingo, día 13 de setembro, ás 10.00 horas fará a súa entrada no torreiro de festas a Banda de Música de Beade, que dará ás 13.00 horas un concerto. Ás 13.30 horas celebraranse as tradicionais poxas e, pola tarde, actuará o Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras seguido novamente da Banda de Música de Beade. Pola noite a gran verbena contará coas orquestras Marbella e Televisión. 

O luns 14 ás 10.00 horas fará a súa entrada no torreiro de festas a Banda de Música Municipal de Redondela, que dará un concerto ás 13.00 horas. Ás 13.30 horas celebraranse as tradicionais poxas e ás 17.00 horas os xogos e cucañas. Ás 21.30 horas comezará a verbena a cargo das orquestras Pontevedra e Panorama. 

Actos relixiosos 

O sábado 12 de setembro ás 19.00 horas remata a Novena na honra á Virxe do Libramento, coa aplicación da Misa por tódalas devotas deste ano que foron nais. 

O domingo 13 ás 09.00 horas oficiarase unha Misa rezada e ás 12.00 horas a Misa Solemne cantada pola Coral Nosa Terra de Pereiras, con procesión acompañada pola Banda de Música de Beade que ó finalizar dará un concerto. 

Por último, o luns 14 ás 10.00 horas Misa rezada e ás 12.00 horas Misa Solemne cantada pola Coral Polifónica de Asomamos, con procesión acompañada pola Banda de Música Municipal de Redondela.

9 de setembro de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.