A Orquesta Juvenil de Bonjóia chega a Lalín para irmandarse coas bandas de Lalín e Vilatuxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Recepción aos integrantes da agrupación portuguesa

Recepción aos integrantes da agrupación portuguesa

O tenente de alcalde, Nicolás González Casares, e o concelleiro de Rural, Miguel Medela, recibiron esta mañá aos rapaces e rapazas da Orquesta Juvenil da Bonjóia, chegada dende a cidade portuguesa de Porto. Os concelleiros déronlles a benvida en nome de todos e todas as lalinenses e desexáronlles unha boa estancia na vila. Ademais, foilles entregada unha bolsa de agasallo con artigos conmemorativos de Lalín. Os mozos e mozas pasarán a noite no albergue xuvenil de Mouriscade e partirán mañá de volta a Portugal.

A visita da Orquesta Juvenil de Bonjóia enmárcase dentro do programa de convivencia músico-cultural entre Lalín e Porto, denominado “Moradas do Vento”. A agrupación portuguesa tocará hoxe a partir das 20.00 horas no auditorio municipal, nun acto de irmanamento no que participarán conxuntamente coas bandas xuvenís de Lalín e de Vilatuxe. 

18 de setembro de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.