A nova posta en escena de Sarabela Teatro estréase o xoves no Auditorio Municipal de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá presentouse no Auditorio Municipal a última creación da compañía Sarabela Teatro. Trátase da obra Ensaio sobre a cegueira, unha adaptación da famosa novela homónima do autor José Saramago.

Na presentación estiveron a concelleria de Cultura, Belén Iglesias, que destacou a colaboración da institución municipal coa creación cultural, sobre todo tratándose dunha compañía como a ourensá Sarabela, que neste 2015 cumpre 35 anos, e o director do Agadic – Axencia Galega de Industrias Culturais -, Jacobo Sutil. Xunto a eles, falaron tamén Gaspar Broullón, encargado da realización e dirección da cinematografía, e Ánxeles Cuña, directora e responsable dramaturxia desta adaptación.

Ensaio sobre a cegueira terá a súa primeira posta en escena o xoves a partir das 21 h no Auditorio Municipal. Ademais haberá pases o venres, e sábado ás 20.30 h. O público volverá a ter a oportunidade de ver esta adaptación no mes de decembro, xa que están previstas funcións os días 1, 2 e 3. 

22 de setembro de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.