A mosense Patricia Martínez consegue o posto 16 no Mundial de Baile Deportivo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaMos
A-
A+

O pasado sábado, día 5 de setembro, a bailarina mosense campiona de España e a súa parella, Adrián Esperón, representaron a España no Mundial de Baile Deportivo na modalidade de 10 bailes, obtendo o posto 16 do mundo. O campionato desenvolveuse en Chengdu, China.

Nesta competición participaron un total de 32 parellas, sendo a formada por Patricia e Adrián a única Española con opción a representar a España, conseguindo un total de 277’96 puntos, a tan só 12 décimas de entrar na semifinal. 

Ambos os dous bailaríns declararon sentirse “moi contentos do resultado, da nosa grande experiencia por primeira vez en Asia e moi motivados para empezar a tempada 2015-2016 do noso deporte”. 

Así mesmo Martínez e Esperón quixeron agradecer o apoio a todos os seus fans, así coma ao Club B-Troula e ó seu director Breogán Pérez “polos incondicionais ánimos”. Persoalmente Padtricia Martínez dixo que “estou moi orgullosa de ter levado a Mos ata China, e agradezo ao Concello todos os anos de recoñecemento pola súa banda”.

10 de setembro de 2015 | 19:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.