A ITV de vehículos agrícolas estará a finais do vindeiro mes en Ordes e no Mesón do Vento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas estará prestando servizo no concello de Ordes no vindeiro mes de outubro. Concretamente os días 20, 21, 22 e 23 estará na nave de gando do Mesón do Vento e no polígono industrial de Merelle os días 26, 27, 28 e 29. En ambos os casos o horario establecido será de 9 a 13.30 horas e de 15,15 a 18 horas.

Para solicitar cita previa pódese chamar ao 902 309 000 ou ben facelo a través da páxina web www.sycitv.com.

22 de setembro de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.