A II Edición da Pasarela de moda “Calpurnia” pretende converter á cidade das Burgas en capital da moda e das compras

Presentación da pasarela Calpurnia
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou hoxe na presentación da segunda edición da Pasarela Calpurnia-As Burgas 2015 que se celebrará na tarde noite do sábado 19 de setembro, na cidade ourensá no entorno monumental das Burgas. Martínez destacou a colaboración da Dirección Xeral de Comercio neste evento que pretende proxectar a cidade como capital da moda e as compras e que conta tamén co patrocinio da Deputación provincial, o Concello e a Federación de Comercio.











