publicidade hoxe

A historia do atletismo ten a súa cita o sábado 26 en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Pois si, o día máis importante e preguntarédesvos como pode ser despois do vivido no mundo atlético toda a tempada 2015. Un excelente ano, desde Antequera até Castelló con moitas estacións, Coruña, Ourense, Ferrol, Vigo, Cidade Real, Valladolid, Bruxelas…foi extraordinario o poder convivir todo iso pero este fin de semana é outra cousa, é a paixón en estado supremo e poder colaborar niso faiche experimentar unha sensación marabillosa, o poder estar o lado de 55 anos de historia do noso atletismo. Eu nacín con eles e teño a marabillosa sorte de poder compartir despois de tantas xeracións unha tarde máxica.

Ás 17 horas presentarase o libro “Máis aló da lenda” obra de Lito Gesteiro e Mario Barreiro, un luxazo o poder contar con eles alí, dedicarannos a súa marabillosa historia no mesmo lugar da Alameda Rosalía de Castro, no cal no ano 1961 uns amigos iniciaban unha aventura que se chamaba e continúa…San Miguel de Marín. Será un acto sinxelo pero elegante, acompañarannos moitos daqueles homes e mulleres que fai máis de medio século ocupaban o seu tempo libre ou sacaban das súas horas de descanso un momento para correr, lanzar ou saltar no marabilloso Estadio de San Pedro, pero eu non vos vou a contar toda a historia, está no libro no que aparecen máis de douscentos atletas que pasaron polo club marinense “desde Manuel Garza a Jean Marie Okutu” case nada e polo medio as primeiras mozas en pantalón curto (1.965), José Luís Torrado, Pepe Loira, como nó, Victor Riobó, Carlos, Elisardo e Dani da Torre…vaia historia, para non perder.

Logo estará a parte deportiva, unha milla, a maior expresión do mediofondo desde que comezaba o atletismo. Nesta proba non faltasen os mellores atletas de España e que casualidade? Están por aquí, son do Morrazo, Solange Andrea Pereira e Victor Riobó, os mellores milleros dos últimos anos e xunto a eles aqueles que poden ser os seus sucesores, eses mozos que estiveron no mundial xuvenil, Miguel Gonzalez, Adrián Ben ou Tariku Novales que xunto a Jorge Puig e outros enormes atletas de futuro farán desta milla un auténtico espectáculo atlético. Internacionais como Leticia Fernández, Sandra Mosquera, Ester Navarrete… Haberá como non podería ser doutro xeito un fin de festa, así ten que ser, son os días de San Miguel e algunha sorpresa a recado non vos deixase indiferente.

Estais todos convidados a pasar unha tarde chea de recordos marabillosos e igualmente a gozar do que máis vos gusta…correr.

Grazas a Celso Méndez, a Carlos de La Torre, a María Ramallo, Antón Sobral (o seu cadro válenos para dar esas axudas económicas)…sen eles non poderiamos sacar isto adiante, só queda que o tempo nos acompañe, parece que si. Vémonos en Marín.

 

23 de setembro de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.