A Guarda recibe unha nova partida de composteiros de Sogama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda recibe unha nova partida de composteiros por parte de SOGAMA (A Sociedade Galega do Medio Ambiente). Desta maneira a vila poderá incrementar a participación do compostaxe por parte das veciñas e veciños guardeses.

Os beneficios do proceso de compostaxe, e por tanto da reciclaxe de materia orgánica, non son só ambientais senón que tamén son económicos e sociais.

A Guarda é un Concello que participa nesta iniciativa dende o ano 2014. Dende o principio tivo unha acollida moi satisfactoria o que permitiu aos veciños e veciñas da localidade producir un fertilizante natural para todo tipo de plantas, derivado dos seus propios residuos. Por esta razón, a Concellería de Servizos, continúa apostando polo compostaxe.

Este tipo de composteiros utilizados son moi eficientes e ademais os seus procesos son libres de todo tipo de cheiros.

Todas aquelas persoas interesadas nos composteiros poden facer a súa petición no propio Concello. A partir dese momento se irán repartindo nos fogares por orde estrita de anotación. 

O Concello recorda que para as grandes cantidades de sega e poda dos xardíns está a disposición de todos os veciños e veciñas un lugar adecuado no Punto Limpo.

 

22 de setembro de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.