A Guarda organiza un novo curso de educación para adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda pon en marcha un ano máis un curso de educación para adultos preparatorio para as probas libres do graduado da ESO. Esta curso está orientado a aqueles alumnos que non conseguiron o graduado en ESO ou aquelas persoas que, debida a súa idade, xa están fora do ámbito escolar e queren sacar este título.

O prazo de inscrición ábrese o próximo xoves día un de outubro.

Todas aquelas persoas interesadas en ser alumnos deste curso poder inscribirse chamando á OMIX do Concello ó número 986614546 ou a AEDL ó 986610000. Ademais de poder facer efectivas as inscricións no propio Concello.

17 de setembro de 2015 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.